Dende a Fundación Educativa e Social Dignidade abrimos un proceso interno, dirixido ao persoal de todos os recursos da entidade, para a cobertura temporal dun posto de Educador/a Social no CIEMA.
A contratación realizarase para a substitución dunha persoa traballadora con reserva de posto de traballo, cunha duración inicialmente prevista dun ano.
Funcións principais do posto
A persoa seleccionada encargarase da intervención educativa e do seguimento de menores en cumprimento de medidas xudiciais en medio abierto, favorecendo o seu desenvolvemento persoal, familiar e social.
Entre as súas principais funcións destacan:
- Elaboración e seguimento dos programas individualizados de execución de medidas (PIEM).
- Intervención educativa individualizada coas persoas menores e as súas familias.
- Elaboración de informes de seguimento, incidencias e finalización das medidas.
- Coordinación cos recursos e profesionais implicados na intervención.
- Participación na planificación, desenvolvemento e avaliación das actividades e programas do CIEMA.
As persoas interesadas deberán presentar a súa candidatura, acompañada dunha breve exposición da súa motivación e interese polo posto.
As candidaturas recibidas serán valoradas tendo en conta a motivación, o perfil profesional e a adecuación ás funcións do posto.
PROMOCIÓN INTERNA .EDUCADOR/A SOCIAL CIEMA in Lugo empresa: FUNDACION EDUCATIVA E SOCIAL DIGNIDADE
Na Minirresidencia Dignidade Mondoñedo, ofrecemos un ambiente de traballo enriquecedor e colaborativo, onde cada Auxiliar Educativo ten a oportunidade de impactar positivamente na vida dos menores. A nosa cultura laboral fomenta o crecemento profesional a través de formación continua e un equipo comprometido co benestar e desenvolvemento dos nosos residentes. Ademais, a localización en Mondoñedo proporciona un entorno tranquilo e inspirador, ideal para aqueles que buscan un emprego significativo e gratificante.
Datos de contacto:
Equipo de selección de FUNDACION EDUCATIVA E SOCIAL DIGNIDADE