Técnic@ de Márketing_Posibilidad teletrabajo_Santiago de Compostela

Técnic@ de Márketing_Posibilidad teletrabajo_Santiago de Compostela

Santiago de Compostela Full Time Presencial
D

Buscamos a unha persoa á que lle guste traballar en equipo, con altas doses de motivación e adaptación ao cambio. Non nos fixaremos tanto na túa titulación ou experiencia, senón nas túas ganas de querer aprender.

Que buscamos?

Buscamos unha persoa creativa e con iniciativa para aportar novas ideas que se incorpore ao equipo de Comunicación de dinahosting.

Un perfil de Técnico/a de Marketing con coñecementos de marketing dixital, publicidade online e SEO, que disfrute creando contidos e poñendo en marcha campañas para dar a coñecer os nosos servizos e reforzar a imaxe de dinahosting.

Competencias principais

  • Publicidade dixital: coñecementos de Google Ads (Adwords) e xestión de campañas publicitarias.
  • Posicionamento SEO/GEO: coñecementos de optimización para buscadores e motores de resposta baseados en IA.
  • Deseño gráfico: manexo de ferramentas de edición de Adobe ou similares para crear pezas gráficas dixitais ou impresas.
  • Produción audiovisual: coñecementos de gravación e edición de vídeos para redes sociais, así como disposición para aparecer diante da cámara.
  • Xestión de redes sociais: elaboración de copies e creación de contidos gráficos e audiovisuais adaptados a diferentes plataformas.
  • Experiencia profesional: experiencia mínima previa en comunicación, marketing ou áreas relacionadas.
  • Idiomas: dominio do galego para traducir textos.
  • Dispoñibilidade: para acudir á oficina presencialmente de xeito ocasional (para gravacións ou outras xestións do departamento).
  • Competencias persoais: proactividade, creatividade e iniciativa para propoñer ideas e novas campañas de marketing e vendas, así como capacidade de aprendizaxe e motivación para traballar en equipo. Curiosidade polo ámbito tecnolóxico e polas súas novidades.

Competencias e coñecementos valorables (opcionais)

  • Coñecementos medios de xestión ou deseño web, especialmente en WordPress.
  • Experiencia con outros formatos de publicidade dixital en redes sociais, plataformas online.
  • Coñecementos de ferramentas de intelixencia artificial e outras solucións dixitais innovadoras.
  • Familiarizado co sector do hosting, dominios ou servizos de Internet.

En dinahosting traballarás:

  • Planificando e poñendo en marcha novas campañas de marketing dixital
  • Analizando e optimizando os contidos e a páxina web da empresa para mellorar o seu posicionamento en buscadores e IAs.
  • Deseñando novos formatos e estratexias de contido
  • Redactando copies e textos comercias e técnicos para a web, as redes e as distintas canles e ferramentas da empresa
  • Propoñendo ideas e desenvolvendo accións en colaboración co resto do equipo para impulsar a imaxe de marca e vendas de dinahosting

Cando traballarás?

Terás unha flexible de entrada entre as 7 e 9 da mañá, e saída entre as 15 e as 17 horas, cunha parada de media hora de descanso.

Somos fans da flexibilidade e da conciliación, e sempre que o necesites poderás ir cos pequenos ao médico ou acudir a consultas sen ter que recuperar ese tempo.

Onde traballarás?

As nosas oficinas e punto de encontro están en Santiago de Compostela, pero poderás escoller acudir á oficina ou facer traballo en remoto. Ti elixes!

Salario e beneficios sociais

O salario irá por convenio (convenio propio), e segundo a experiencia demostrada. Ademáis, contamos con esta serie de beneficios sociais:

  • Flexibilidade laboral e teletraballo voluntario
  • Elección libre de vacacións: coordínate co teu equipo e elíxeas cando ti queiras
  • Bolsa de formación subvencionada ao 100 %
  • Seguro médico e dental privado ao facer 6 meses na empresa
  • Axudas para o pagamento de garderías e centros de coidado de maiores

Máis sobre dinahosting

En dinahosting levamos desde 2001 dándolle aos nosos clientes todo o que precisan para garantizar a súa presenza online. Desde os nosos inicios acompañamos a evolución de Internet sendo unha empresa innovadora, que aposta pola calidade técnica, o desenvolvemento de ferramentas propias e a mellor atención ao cliente.

Estas foron as chaves do noso crecemento e o que nos converteu nunha compañía líder no sector que somos hoxe en día. Ofrecemos todo tipo de solucións para un proxecto online, desde plans de aloxamento de hosting compartido ata servidores de alto rendemento tanto virtuais como físicos e por suposto, os servizos de cloud máis avanzados. Tamén somos rexistradores de primeiro nivel para case todos os dominios do mercado e estamos acreditados pola ICANN.

Somos partners de marcas tan recoñecidas como Microsoft, Dell, Intel, Cisco ou VMware. En xullo de 2021, Netcraft nomeounos a empresa de aloxamento web máis fiable a nivel mundial.

O Soporte Técnico é o noso sinal de identidade e estamos sempre dispoñibles as 24 horas do día, os 365 dias do ano. Temos a disposición dos nosos clientes diferentes ferramentas para que se poñan en contacto con nós: un chat, teléfono gratuíto e correo electrónico, sen contestadores, sen formalismos, sen esperas e en 5 idiomas: galego, castelán, catalán, inglés e portugués.

  • Ao inscribirte nesta oferta de emprego das o teu consentimento explícito a Dinahosting SL para tratar os teus datos coa finalidade de que a túa candidatura participe no proceso de selección asociado. Os datos serán conservados durante o tempo necesario para cumprir a finalidade para a que se recabaron. Non comunicamos os teus datos a terceiros. Podes revocar o teu consentimento, así como exercer os teus dereitos de acceso, rectificación, supresión e outros dereitos mediante comunicación escrita, dirixida ao noso departamento de Recursos Humanos, en Rúa das Salvadas, nº 41, Baixo-15705, Santiago de Compostela ou na dirección rrhh@dinahosting.com. Para máis información, consulta a nosa política de privacidade en https://dinahosting.com/legal/proteccion-datos
D

Datos de contacto:

Equipo de selección de Dinahosting